Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25550

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2021/22.

Para o obxecto de regular a continuidade, implantación e organización do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a convocatoria dirixida aos centros que desexen impartilo, resolvo anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal/portal/) estará dispoñible a convocatoria pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2021/22.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura no anexo I da convocatoria e dirixila á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional