Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25551

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que cualificará as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato.

Unha vez convocado o proceso de acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Música, de Deseño, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, e de Arte Dramática para o curso 2021/22 polas respectivas resolucións do 4 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, publicadas no Diario Oficial de Galicia do 18 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta secretaría xeral

DISPÓN:

Primeiro. Designar os membros do tribunal que avaliarán e cualificarán as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato.

Segundo. Os membros deste tribunal terán dereito á percepción de asistencias de acordo co establecido no capítulo IV do Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

ANEXO

Tribunal da proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores para aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato

Tribunal titular

Tribunal suplente

Presidenta

Isabel Serna Masiá

Presidente

Manuel Guerra Fernández

Secretario

Manuel Ángel García Gómez

Secretaria

Mª Rosario Ureña Lara

Vogal 1º

Rosa Giao Sánchez

Vogal 1º

Juan Lago Leis

Vogal 2º

Mª Jesús Lorenzana Lamelo

Vogal 2º

Victoria Cerviño Ferrín

Vogal 3º

Carmen Meiriño González

Vogal 3º

Ana María López Díaz

Vogal 4º

Noemí Álvarez Villar

Vogal 4º

Mª Esther Barroso Millán

Vogal 5º

Julita Taboada Martínez

Vogal 5º

Luz Barreiro Neira

Vogal 6º

Ricardo Pita Fernández

Vogal 6º

María Isabel García Criado