Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada regulamentación LMT ALB803 apoio D38-8 (O Carballiño), no concello do Carballiño (expediente IN407A 2021/13-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio social: avenida San Luis, 77. 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMT ALB803 apoio D38-8 (O Carballiño).

Situación: concello do Carballiño (Ourense).

Características técnicas: as características técnicas básicas das instalacións proxectadas, que teñen un orzamento de 4.146,27 euros, son as seguintes:

– Características técnicas: substitución do apoio de formigón nº D38-8 existente na LMT, 20 kV, ALB803 (expediente 2656-AT), por novo apoio de celosía metálica do tipo C-14/1000, retensándose os condutores existentes espidos do tipo LA-56, sobre o apoio proxectado, e a lonxitude do novo van de liña é de 222 m, con orixe no apoio D38-6 e final no apoio D38-9.

A petición someteuse a información pública pola Resolución do 10 de febreiro de 2021 desta xefatura territorial, que foi publicada no DOG do 4 de marzo de 2021, no BOP de Ourense do 4 de marzo, e no xornal diario La Región do 15 de marzo, así como no taboleiro de anuncios do concello afectado, e nesta xefatura territorial, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización das instalacións de enerxía eléctrica.

Ao seren descoñecidos os titulares afectados foi realizado o trámite que se establece no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coa publicación na plataforma TEU do BOE do 23 de marzo de 2021 e no DOG do 18 de marzo de 2021 do Anuncio do 5 de marzo de 2021 desta xefatura territorial, así mesmo tamén se deu conta ao Ministerio Fiscal para cumprir co trámite que establece o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Dentro do prazo establecido para iso non se presentaron alegacións contrarias á realización do proxecto.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. As instalacións executaranse en prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Que polo representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, se dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo da resolución de información pública antes citada.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 28 de abril de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense