Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25429

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3271/2020 FF).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 3271/2020.

Xulgado de orixe/autos: SSS Seguridade Social 363/2018 Xulgado do Social número 4 de Pontevedra.

Recorrente: José Alfonso Vázquez Pérez.

Avogada: Ana Isabel Lorenzo Fraga.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Xacia Inversión, S.L. e Celta Prix, S.L., Unión Temporal de Empresas UTE Salnés, Mantenimiento de Infraestructuras, S.A. Ministerio de Traballo de Migracións e Seguridade Social, Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social.

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social (...), Balbino Irisarri Castro, (...), (...).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3271/2020 desta sección, seguido por instancia de José Alfonso Vázquez Pérez contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Xacia Inversión, S.L. e Celta Prix, S.L., Unión Temporal de Empresas UTE Salnés, Mantenimiento de Infraestructuras, S.A., Ministerio de Traballo de Migracións e Seguridade Social e Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou Resolución con data 15 de abril de 2021, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos desestimando o recurso de suplicación interposto por José Alfonso Vázquez Pérez contra a Sentenza do 18 de marzo de 2020 do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra Mantenimiento de Infraestructuras Sociedad Anónima (Matinsa), Xacia Inversión Sociedad Limitada, Celta Prix Sociedad Limitada - Unión Temporal de Empresas, o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Xacia Inversión, S.L. e Celta Prix, S.L., Unión Temporal de Empresas UTE Salnés, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza