A representación da titularidade da Escola Familiar Agraria Piñeiral, de Arzúa, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Educación infantil, o CS Comercio internacional e o CS Marketing e publicidade.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización do centro docente e autorizar o CS Educación infantil, o CS Comercio internacional e o CS Marketing e publicidade, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:
Denominación: Escola Familiar Agraria Piñeiral.
Código: 15020313.
Domicilio: Santa María, s/n.
Localidade: Arzúa.
Concello: Arzúa.
Provincia: A Coruña.
Titular: Federación de Escuelas Familiares Agrarias de Galicia.
Composición resultante:
CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 20 alumnos).
CM Actividades comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
CM Panadaría, repostaría e confeitaría (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
CS Xestión de vendas e espazos comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
CS Educación infantil (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
CS Marketing e publicidade (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
CS Comercio internacional (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade