Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25153

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2021.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no primeiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no primeiro cuadrimestre de 2021

Descrición

Área

Data sinatura

Importe Xunta

Convenio entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, o Concello de Santiago de Compostela e a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA) para a ordenación da xestión da explotación da estación de autobuses de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

18.2.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira, para o establecemento de accións de promoción da utilización do transporte público no Concello de Ribeira

Ribeira (A Coruña)

22.2.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Universidade da Coruña para a aplicación de descontos a estudantes da UDC en servizos públicos de transporte asinado o 23 de novembro de 2020

Coruña e Ferrol

23.4.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia e Renfe Viajeros Sociedad Mercantil Estatal, S.A., polo que se instrumenta a integración desta empresa na Área de Transporte Metropolitano de Ferrol

Ferrol

28.4.2021

60.000,00 €