Examinada a solicitude de conciliación formulada polos representantes do MVMC Serra do Eixo, pertencente á CMVMC de Candeda, Carballeda, Casoio, Domiz, Pusmazán, Riodolas, Robledo, Santa Cruz, Soutadoiro, Ricosende e Viladequinta (Carballeda de Valdeorras); Alixo, Raxoá e Millarouso (O Barco de Valdeorras) e o MVMC Touza, pertencente á CMVMC de Alixo e San Martiño, no concello do Barco de Valdeorras, resultan os seguintes
Feitos:
Primeiro. Con data do 27 de xuño de 2018 o presidente e o secretario da CMVMC de Candeda, Carballeda, Casoio, Domiz, Pusmazán, Riodolas, Robledo, Santa Cruz, Soutadoiro, Ricosende e Viladequinta (Carballeda de Valdeorras); Alixo, Raxoá e Millarouso (O Barco de Valdeorras) presentaron un escrito no rexistro da Xefatura Territorial do Medio Rural en Ourense (nº 3171/rx 1722543). Nel solicitan que se realicen os trámites correspondentes para a aprobación dun deslidamento entre o MVMC Serra do Eixo, titular da CMVMC citada, e o MVMC Touza, pertencente á CMVMC de Alixo e San Martiño, no concello do Barco de Valdeorras.
Entre outra documentación, achegaron un documento de deslindamento técnico topográfico, unha certificación do secretario da xunta reitora da CMVMC de Alixo e San Martiño e unha certificación do secretario do Xulgado de Paz de Carballeda de Valdeorras da acta de conciliación celebrada o 4 de xuño de 2018.
Segundo. O 29 de xuño de 2018 a CMVMC de Candeda, Carballeda, Casoio, Domiz, Pusmazán, Riodolas, Robledo, Santa Cruz, Soutadoiro, Ricosende e Viladequinta (Carballeda de Valdeorras); Alixo, Raxoá e Millarouso (O Barco de Valdeorras), presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia (nº 2018/rx 1754432) documentación complementaria.
Terceiro. Posteriormente, a CMVMC de Candeda, Carballeda, Casoio, Domiz, Pusmazán, Riodolas, Robledo, Santa Cruz, Soutadoiro, Ricosende e Viladequinta (Carballeda de Valdeorras); Alixo, Raxoá e Millarouso (O Barco de Valdeorras), presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia unha nova certificación da aprobación na asemblea xeral celebrada o día 18 de outubro de 2019.
Cuarto. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense do 6 de agosto de 2020 considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
A liña deste deslindamento afectaría unha parcela clasificada dentro do MVMC Montes Baixos de Candeda e Domiz, a cal pasaría a quedar encadrada dentro dos límites do MVMC Serra do Eixo ao situarse o límite entre o MVMC Serra do Eixo e o MVMC Montes Baixos de Candeda e Domiz máis ao norte desta parcela.
A liña de deslindamento afecta terreos clasificados como MVMC entre os puntos nº 8 (Miradeiro) e nº 10 (Fragas de Miradeiro), na súa totalidade, e parcialmente entre os puntos nº 7 (punto tomado na devasa) e 8 e entre os puntos nº 10 e 11 (Vales de Corvo). Nestes dous últimos tramos do deslindamento os puntos 7 e 11 servirán, por tanto, unicamente como referencia para establecer a dirección na liña de deslindamento pero considérase que están situados fóra destes dous MVMC igual que o resto da liña de deslindamento entre os puntos nº 1 e 7.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento para seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 25 de novembro de 2020:
Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC Serra do Eixo, pertencente á CMVMC de Candeda, Carballeda, Casoio, Domiz, Pusmazán, Riodolas, Robledo, Santa Cruz, Soutadoiro, Ricosende e Viladequinta (Carballeda de Valdeorras); Alixo, Raxoá e Millarouso (O Barco de Valdeorras) e o MVMC Touza, pertencente á CMVMC de Alixo e San Martiño, no concello do Barco de Valdeorras, de acordo co informe do Servizo de Montes do 6 de agosto de 2020.
Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso- administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 29 de abril de 2021
Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense