Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25165

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

A Orde do 9 de decembro de 2020 aproba os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

A aprobación da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, e a Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, motivou que mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2021 da Axencia Tributaria de Galicia se modifica no anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020, o anexo IV e o cadro de conceptos/clave/tipo do Modelo 600.

Posteriormente, a aprobación da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia deu lugar a que mediante a Resolución do 4 de marzo de 2021 da Axencia Tributaria de Galicia se modificase no anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 o anexo IV, bonificacións e deducións, do modelo 600.

A Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria, modifica, entre outros aspectos, o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, no sentido de establecer novas deducións fiscais no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados destinados a fomentar actuacións de recuperación e mobilidade das terras de Galicia.

Todo o exposto fai necesario modificar o modelo correspondente á autoliquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados aprobado pola Orde do 9 de decembro de 2020 para reflectir nel estes cambios normativos, para o cal é competente a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia con base na habilitación normativa prevista na disposición adicional sexta da devandita orde.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar no anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 o anexo IV, bonificacións e deducións, do modelo 600 que pasa a ser o seguinte:

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2021

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

missing image file
missing image file