Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25162

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

A Orde do 21 de xaneiro de 2021 aproba os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

A Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria, modifica, entre outros aspectos, o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, no sentido de establecer novas deducións fiscais no imposto de sucesións e doazóns destinados a fomentar actuacións de recuperación e mobilidade das terras de Galicia.

Todo o exposto fai necesario modificar o modelo correspondente á autoliquidación do imposto de sucesións e doazóns, modelo D650, aprobado pola Orde do 21 de xaneiro de 2021, para reflectir nel estes cambios normativos, para o cal é competente a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia con base na habilitación normativa prevista na disposición adicional sexta da devandita orde

En consecuencia,

resolvo:

Primeiro

Modificar, no anexo II da Orde do 21 de xaneiro de 2021, a páxina12, solicitude de reducións non aplicables de oficio, do modelo D650, que pasa a ser o seguinte:

Segundo

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2021

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

missing image file