Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24827

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (1107/2019).

Eu, María del Mar Santa Cruz Mojón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Beatriz Amorín López fronte a Francisco Javier Pombo Sehabra ditouse a Sentenza 16/2021 o 22.1.2021, cuxo encabezamento e parte dispositiva a continuación se insiren:

«Sentenza

En Pontevedra o 22 de xaneiro de 2021.

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 1107/2019, en que é parte demandante Beatriz Amorín López, representada pola procuradora María Sanjuán Carril e asistida do letrado Mikel Zubigaray Ramos, e como parte demandada Francisco Pombo Seabra, declarado en rebeldía procesual.

Resolución:

Estimo a demanda presentada pola procuradora María Sanjuán Carril, en nome e representación de Beatriz Amorín López contra Francisco Pombo Seabra, en rebeldía procesual, e en consecuencia declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o día 9 de xaneiro de 1987 que foi inscrito no tomo 1491, páxina 206, da Sección 2ª do Rexistro Civil Central, con todos os efectos legais que a dita declaración comporta.

Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se outorgaron. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal. Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil Central.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás que se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá prepararse dentro dos cinco días seguintes á súa notificación ante este xulgado e que se substanciará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E atopándose o devandito demandado, Francisco Javier Pombo Sehabra, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 23 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza