Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 128/2020).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Luis Raposo Rodríguez contra Ferlosa, S.L., Agrajes, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Pizarras de Villarbacu, S.L., Valdeorras de Pizarra, S.L., Pizarras de Quiroga, S.A. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado como procedemento ordinario 128/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Agrajes, S.L., Valdeorras de Pizarra, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 16.6.2021, ás 11.35 horas, na planta 4, sala 9, Edif. Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que tenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Así mesmo, acordouse citalos para a súa asistencia ao acto de xuízo, co fin de practicar, de ser o caso, a proba de interrogatorio de parte solicitada polo demandante, con apercibimento que, de non comparecer e ser admitida a proba proposta, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resulten en todo ou en parte prexudiciais.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Agrajes, S.L., Valdeorras de Pizarra, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 13 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza