Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24329

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (404/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 404/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Gausach Gil contra Obras y Viales Cerne, S.L., sobre ordinario, se ditou resolución en cuxa parte dispositiva consta:

«Decido:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Rafael Gausach Gil fronte á empresa Obras y Viales Cerne, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Obras y Viales Cerne, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de tres mil setecentos corenta e tres euros con sesenta e seis céntimos de euro (3.743,66 euros), os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e facer constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. A presente sentenza leuna e publicouna o xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Obras y Viales Cerne, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza