Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 61/2021).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 61/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Botana Rial contra Limpintegra XXI, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2021

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución de sentenza número 228/2020 con data do 20.11.2020 ditada no procedemento ordinario 76/2018 a favor da parte executante, María Isabel Botana Rial, fronte a Limpintegra XXI, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 2.111,27 euros en concepto de principal (1.641 euros en concepto de salarios e vacacións, 470,27 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 211,12 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto, poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza Marina Pilar García de Evan

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2021

Parte dispositiva:

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Limpintegra XXI, S.L., dar audiencia previa á parte demandanda María Isabel Botana Rial e o Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela por xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza