Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24081

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (72/2021).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue o xuízo da clase despedimento seguido baixo o número 72/2021, no cal figura como interveniente Yicong, S.L.U. e se sinalou a conciliación e/ou o xuízo para o día 31.5.2021, ás 11.10 e 11.15 horas, respectivamente.

Estando a devandita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto cumprindo o disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e á protección de datos, co fin de que sirva de notificación na forma.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza