Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2021/39-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, que segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA CN0804 15-17 e 15-22.

Situación: concello do Carballiño.

Características técnicas: desmonte de 5 apoios de formigón na LMTA, 20 kV, CNO804, e 395 m de condutor LA-30, con pasaxe a soterrado entre apoios números 15-17 e 15-21. Instalación de nova LMTS, a 20 kV, en condutor de tipo RHZ1-3×(1×240) entre paso A/S que se vai realizar no apoio de celosía existente número 15-17 e o paso A/S que se vai realizar en apoio proxectado número 15-21, do tipo C-14/2000-H35, con orixe no apoio número 15-17 existente da LMTA CNO804 (expediente 1922-AT) e final no citado apoio número 15-21; con retensamento de condutor existente LA-30 entre apoios números 15-21 e 15-22.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, nº 1-4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.

Ourense, 22 de abril de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2021/39-3.

Termo municipal: O Carballiño.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA CN0804 entre apoios 15-17 e 15-22.

Predio nº: 1

Lugar: O Couto.

Cultivo: piñeiral.

Referencia catastral: 32020A021018400000RI.

Titular: CMVMC de Pol.

Afección: servidume de voo: 1,77 ml, que representan 5,31 m² de superficie afectada.