Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 29 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de industria IN635C OU-IN 2020/02-3.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícasenlles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinaren estes actos nas dependencias da Área Xurídica e Coordinación da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas na rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no BOE.

Ourense, 29 de abril de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Acto notificado

CIF empresa

Acto adoptado

Data do acto

IN635C OU-IN 2020/02-3

Resolución do expediente sancionador

B32487803

Polo xefe territorial

7 de abril de 2021