Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do dito Regulamento (UE) nº 1305/2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo, código postal 15706.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela.
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.
1.10. Perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaorganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 45232420-2 (construción de planta depuradora de augas residuais).
4. Código NUTS do emprazamento principal das obras: ES111 Boqueixón (A Coruña).
5. Descrición do obxecto da licitación: obra de saneamento en Boqueixón. Estación depuradora de augas residuais en Sergude e colectores. Boqueixón (A Coruña). Clave do expediente: OH.315.1095.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario, e contratación non suxeita a regulación harmonizada.
7. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 1.496.221,33 euros. Importe total: 1.810.427,81 euros.
8. Valor estimado do contrato: 1.496.221,33 euros (coincide co orzamento base de licitación sen IVE).
9. Prazo de execución do contrato: 12 meses.
10. Criterios de adxudicación.
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 8 %), plan de proba dos equipamentos electromecánicos ou automatismos (ponderación 6 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 11 de febreiro de 2021.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 14.
12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 14.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 19 de febreiro de 2021.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou se for o caso UTE: Vázquez y Reino, S.L.
14.2. NIF: B15618598.
14.3. Enderezo: avenida de Razo, 22, baixo. 15100 Carballo (A Coruña).
14.4. Código NUTS: ES111.
14.5. Teléfono: 981 75 57 88.
14.6. Fax: 981 75 55 32.
14.7. Correo electrónico: construc@vazquezyreino.com
14.8. Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada:
Importe neto: 1.378.618,33 euros. Importe total: 1.668.128,18 euros.
16. Información sobre si o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do Programa de Desenvolvemento Rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais.» Europa inviste no rural.
17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18, baixo.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela.
17.4. Código postal: 15706.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 23 de xuño de 2020.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 11 de febreiro de 2021.
Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 23 de febreiro de 2021.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2021
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia