Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2021 pola que se fai público o cofinanciamento nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato de servizo de desenvolvemento dunha rede de medición de caudal nos ríos das áreas con risco potencial significativo de inundación da demarcación hidrográfica Galicia-Costa (expediente OH.788.410).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos (anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013) cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal.

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaorganismo.jsp?N=216.

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES111, ES112 e ES114; A Coruña, Lugo e Pontevedra.

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de desenvolvemento dunha rede de medición de caudal nos ríos das áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) da demarcación hidrográfica Galicia-Costa (expediente OH.788.410).

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación suxeita a regulación harmonizada.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.118.971,99 euros. Importe total: 1.353.956,11 euros.

8. Valor estimado do contrato: 1.118.971,99 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 24 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultou da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), memoria descritiva da metodoloxía proposta para a realización dos traballos (ponderación 49 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 19 de febreiro de 2021.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 7.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 8.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 17 de marzo de 2021.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, se for o caso, UTE: Técnica y Proyectos, S.A.

14.2. NIF: A28171288.

14.3. Enderezo: Anxo Senra Fernández, 25-1º, local 3, 15670 Culleredo (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Teléfono: 981 16 03 42.

14.6. Fax: 981 16 04 72.

14.7. Correo electrónico: plfuentes@typsa.es.

14.8. Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 917.557,03 euros. Importe total: 1.110.244,01 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación será pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e á prevención e xestión de riscos»; prioridade de investimento 5.2 «Fomento do investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes»; obxectivo específico 5.2.1 «Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil»; actuación 5.2.1.4 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO)) «Medidas de prevención e xestión das inundacións na demarcación hidrográfica Galicia-Costa». Unha maneira de facer Europa.

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, por tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18-baixo.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.4. Código postal: 15706.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal.

17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE nº 2020/S 091-217337, do 11 de maio de 2020.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de maio de 2020.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 7 de maio de 2020.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 19 de febreiro de 2021.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 17 de marzo de 2021.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia