Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de abril de 2021 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/56/2018-RP2.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 24 de marzo de 2021, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes no acondicionamento dunha edificación existente para uso residencial no lugar de Carballeda, 15, parroquia de Taboada, no termo municipal de Silleda, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Susana Ojea Rodríguez e Óscar Lois Bravo, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coiden pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística