Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Padrón (expediente-e IN407A 2021/39-1).

Expediente-e: IN407A 2021/39-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: recuamento da MT. Agronovo, no lugar de Agronovo.

Concello: Padrón.

Feitos:

1. O 26 de febreiro de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co obxectivo de recuar un tramo de liña nun centro de seccionamento que se ve afectado pola ampliación de Aluminios Cortizo.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: recuamento MT. Agronovo.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitóuselles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Padrón. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo concello.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o establecido no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 39.a) do Decreto 230/2021, do 11 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación a aplicar neste expediente é a que deseguido se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Retensado tramo liña eléctrica de media tensión aérea PAD813 (actuación número 1), a 20 kV cunha lonxitude de 101 metros, coa orixe no apoio C2000-16 existente da PAD813, condutor tipo LA-110 mm² e remate no apoio C9000-14 proxectado da PAD813.

– Retensado tramo liña eléctrica de media tensión aérea PAD813 (actuación número 2), a 20 kV cunha lonxitude de 101 m, con orixe no apoio C2000-14 proxectado da PAD813, condutor tipo LA-110 mm² e remate no apoio HVH 3500-15 existente da PAD813.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 1), a 20 kV cunha lonxitude de 268 m, con orixe en apoio proxectado tipo C14/9000 da PAD813, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al e remate no centro de seccionamento proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 2), a 20 kV cunha lonxitude de 129 m, con orixe no centro de seccionamento proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al e remate en empalmes que se realizarán en CD Cortizo (15 CLRT) que se vai desmontar.

– Centro de seccionamento 3L 2 telecontroladas GSM/GPRS/FO con trafo de tensión 20 kV. Manobra exterior.

– Desmantelamento dun tramo da LMTA. PAD813 en condutor tipo LA-110, con lonxitude 364 metros e outro tramo en LA-30-56 de 205 m.

– Desmantelamento dun treito en soterrado tipo RHV. de 185 metros.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/a director/a da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 20 de abril de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña