Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2021/61-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Starcoproperty, S.L.

Domicilio social: avenida Linares Rivas, 1, 1C, 15005 A Coruña.

Denominación: proxecto de electrificación urbanización do PE Nexus Sabón, parcelas 75, 76-A, 76-B, 77 e 79-A (Arteixo).

Situación: polígono de Sabón, 75, 76-A, 76-B, 77 e 79 (Arteixo).

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada de 15 kV con inicio e fin na liña de distribución existente SBN 713 entre o CT 15PX00 e o CS 15PN09, logo de entrar e saír nos centros de transformación e de seccionamento proxectados, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm²), Al, 660 m.

– Dous centros de seccionamento en superficie en envolvente prefabricada. Celas prefabricadas, unha de seccionamento manual, dúas de seccionamento telecontroladas e unha cela de alimentación a SSAA (24 V, 400 A, 16 kA).

– Tres centros de transformación soterrados con envolvente prefabricada. Celas prefabricadas, unha de seccionamento manual, outra de seccionamento telecontrolada e unha de protección con seccionador e fusibles (24 kV, 400 A, 16 kA), e un transformador de 630 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 15-20/0.42 kV.

– Un centro de transformación soterrado con envolvente prefabricada. Celas prefabricadas, unha de seccionamento manual, outra de seccionamento telecontrolada e unha de protección con seccionador e fusibles (24 kV, 400 A, 16 kA), e un transformador de 400 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 15-20/0.42 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 3 de maio de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña