Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23125

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (232/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 232/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Mariano Marqués Chambel contra Daniel de Vega Díaz, sobre ordinario, se ditou Resolución do 21 de xaneiro de 2021, en cuxa parte dispositiva consta:

«Parte dispositiva

Estímase a demanda formulada por Luis Mariano Marqués Chambel fronte á empresa Daniel de Vega Díaz e, en consecuencia:

Condénase a empresa Daniel de Vega Díaz a aboar á demandante a cantidade de mil cincocentos sete euros con sesenta e nove céntimos de euro (1.507,69 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O recurso deberase anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Publicación. A presente sentenza leuna e publicouna o xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Daniel de Vega Díaz, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza