Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23127

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 441/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 441/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Fandiño Calviño contra Domingos Calvar García, sobre ordinario, se ditou Sentenza do 25.2.2021 contra a cal cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días e que se atopa á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en forma legal a Domingos Calvar García, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza