Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23128

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

EDICTO (523/2020).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de modificación substancial de condicións laborais 523/2020 deste xulgado do social, sobre mobilidade xeográfica e funcional, se ditou a resolución que se indica, cuxo texto íntegro está ao dispor do interesado na sede do xulgado:

Sentenza do 7 de abril de 2021 contra a que cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo no prazo de cinco días.

E para que sirva de notificación na forma legal a Colegio Sagrado Corazón do Deza, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza