Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23129

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación (ETX 18/2021).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 18/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carla Soñora Triñanes contra José Ramón Collazo Yáñez, sobre ordinario, se ditou o Decreto de insolvencia do 16 de abril de 2021, contra o cal se poderá interpor recurso de revisión no prazo de tres días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na Secretaría deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en forma legal a José Ramón Collazo Yáñez, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza