Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23130

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 18/2021).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 18/2021, por instancia de Carla Soñora Triñanes contra o executado José Ramón Collazo Yáñez, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 16 de abril de 2021 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 3.384,12 euros en concepto de principal, máis 817,75 euros en concepto de xuros de mora, máis 420,19 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza