Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 30 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Porto do Son (expediente IN407A 2020/204-1).

Expediente: IN407A 2020/204-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMTA PDS804 apoio núm. 71.

Concello: Porto do Son.

Características técnicas:

– Tramo de liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 156 m + 548 m existentes, con orixe no apoio nº 169 da LMT PDS804 (expediente 3081), condutor tipo LA-56 mm2 Al, e final no apoio nº 169 da LMT PDS804.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 26 m, con orixe no apoio nº 71 da LMTA PDS804, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x95 mm2 Al, e final no CT Caamaño existente (expediente IN407A 2016/1694-1).

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 18 49 38), así como no concello de Porto do Son. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 30 de marzo de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/204-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMTA PDS804 apoio núm. 71.

Concello: Porto do Son.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Predio número: 1.

Lugar: Barrento.

Cultivo: prado.

Propietario: descoñecido.

Afección de solo en pleno dominio.

– Apoio núm. 71.

– m2: 10.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica.

– Lonxitude da servidume soterrada en metros lineais: 5.

– Superficie de servidume soterrada en m2: 15.

Predio número: 3.

Lugar: Cancelas.

Cultivo: prado.

Propietario: descoñecido.

Afección de solo en pleno dominio.

– Apoio núm. 73.

– m2: 2.