Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 22989

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1076/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1076/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Martínez Corral contra CPM Expertus Field Marketing, o Fondo de Garantía Salarial, GMR Marketing, S.L., TRO Experimental Marketing, S.L., administración concursal de CPM Expertus Field Marketing, TRO Experimiental Marketing, S.L., sobre ordinario, ditouse Resolución o 26.3.2021 en cuxa resolución consta:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Patricia Martínez Corral fronte á empresa CPM Expertus Field Marketing e a súa administración concursal GMR Marketing, S.L., TRO Experimental Marketing, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Apréciase a falta de lexitimación pasiva das empresas CPM Expertus Field Marketing e GMR Marketing, S.L. con absolución destas e do administrador concursal da primeira.

– Condénase a empresa TRO Experimental Marketing, S.L. a aboar a Patricia Martínez Corral a cantidade de dous mil catrocentos quince euros con sesenta e oito céntimos de euro, devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando celebrando audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a GMR Marketing, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza