Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 22993

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 65/2021).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 65/2021

Sobre despedimento

Demandante: David Deus Blanco

Avogado: Fabio Abad Díaz

Demandados: Camsoar, S.L., Fogasa

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 65/2021 deste xulgado do social, seguidos por instancia de David Deus Blanco contra a empresa Camsoar, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Social reforzo bis

Xulgado do Social número 3

A Coruña

Sentenza: 139/2021

Sentenza.

A Coruña, 8 de abril de 2021

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, os presentes autos número 65/2021 sobre despedimento, seguidos por instancia de David Deus Blanco Gustavo, asistido polo letrado Sr. Abad Díaz, contra a mercantil Comsoar, S.L., coa intervención do Ministerio Fiscal.

Decido:

Estímase parcialmente a demanda interposta por David Deus Blanco Gustavo, asistido polo letrado Sr. Abad Díaz, contra a mercantil Comsoar, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 3 de decembro de 2020 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 115,07 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 316,44 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Camsoar , S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza