Rosario Rodríguez Delgado, concelleira delegada da Área de Persoal, Réxime Interior e Servizos Xerais, por Resolución da Alcaldía do 19.5.2019, por Decreto do 29.4.2021, acordou:
Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2021, que contén os seguintes postos de traballo:
Persoal funcionario:
Posto de traballo |
Escala |
Grupo |
Subgrupo |
Prazas |
Técnico de administración xeral |
Admón. xeral |
A |
A1 |
1 |
Axente de Policía local |
Admón. especial (básica) |
C |
C1 |
1 |
Persoal laboral:
Posto de traballo |
Grupo profesional |
Categoría profesional |
Prazas |
Oficial 1ª fontaneiro |
IV |
Oficial 1ª |
1 |
Oficial 1ª vías e obras |
IV |
Oficial 1ª |
2 |
Oficial 2ª xardinería |
V |
Oficial 2ª |
2 |
Segundo. Publicar a oferta de emprego de 2021 no taboleiro de anuncios do Concello, así como na sede electrónica deste concello, no BOP de Ourense e no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución da presente oferta de emprego do exercicio 2021 dentro do prazo improrrogable de tres anos que se contará desde a data de publicación.
Verín, 29 de abril de 2021
Rosario Rodríguez Delgado
Concelleira delegada