Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 5 de maio de 2021 Páx. 22832

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO da subscrición dun convenio urbanístico de execución do planeamento (artigo 166 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro).

O 8 de abril de 2021 asinouse na casa do concello o texto definitivo do convenio urbanístico entre Luís Celso Taboada Sánchez, na súa calidade de alcalde do Concello de Vila de Cruces, e Yolanda Iglesias Iglesias, que actúa en nome propio e como representante de Purificación Iglesias López, para autorizar a ocupación dos terreos afectados pola execución da urbanización do tramo de beirarrúa que falta para a colmatación da urbanización correspondente ao polígono industrial do Camballón de Vila de Cruces, concretamente unha superficie de 528 m² da parcela con referencia catastral 36059A040004200000MP.

O texto íntegro do convenio pódese consultar na páxina web do Concello de Vila de Cruces, na seguinte ligazón www.viladecruces.sedelectronica.es/

Vila de Cruces, 13 de abril de 2021

Luís Celso Taboada Sánchez
Alcalde