Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22496

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 179/2018-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 179/2018, por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra José María Galdo Candia sobre PO, en que recaeu sentenza do 16 de decembro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido:

Estímase a demanda formulada por Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa José María Galdo Candía e, en consecuencia:

– Condénase a empresa José María Galdo Candía a aboar á Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de cento cincuenta euros con once céntimos de euro (150,11 euros) en concepto de achega á indicada fundación, incluída recarga por demora.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa José María Galdo Candia, expido e asino a presente.

A Coruña, 14 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza