Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22497

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 36/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 36/2021 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ángel José Mengual Ortells contra a empresa Bodega J J Masoliver, S.L., sobre ordinario, se ditou no día da data dilixencia de ordenación e auto en que se despacha execución, impugnables en reposición, e decreto impugnable en revisión no prazo de tres días, que se atopan á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bodega J J Masoliver, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 12 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza