Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

EDICTO (PO 285/2020).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 285/2020 deste xulgado do social, sobre ordinario, ditouse a resolución, que se indica, cuxo texto íntegro está ao dispor do interesado na sede do xulgado:

Sentenza do 26 de marzo de 2021 contra a que non cabe interpoñer recurso ningún.

E para que sirva de notificación en legal forma a CE Colegio Sagrado Corazón do Deza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 14 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza