Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22232

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (104/2014).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, mediante o presente edicto anuncio:

No procedemento do xuízo ordinario 104/2014, promovido pola Comunidad de Propietarios de Urbanización Boa Vila Garajes B-D-E contra Obras y Edificaciones Boa Vila, S.L., Cristina Fernández Anllo, Francisco José García Blanco e Fernando Gallego Otero, e coa intervención como terceiros, xunto cos demandados, de Ignacio Hermo Túñez e José Ángel Hermo Túñez, ditouse Sentenza do 2.9.2016 onde os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto, contra a cal cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá por escrito ante este xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación.

E estando a demandada, Obras y Edificaciones Boa Vila, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación na forma.

Pontevedra, 11 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza