Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22231

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021 pola que se modifica a Resolución do 18 de marzo de 2021 pola que se convocan a concurso público prazas de persoal docente e investigador contratado e se abre un novo prazo de presentación de solicitudes para o concurso 1043/21-22.

Mediante a Resolución do 18 de marzo de 2021 (DOG nº 62, do 5 de abril) convocouse concurso público para a provisión de prazas de persoal docente e investigador contratado da Universidade de Santiago de Compostela, entre as que figura o concurso 1043/21-22, de profesor/a asociado/a da Facultade de Formación de Profesorado de Lugo.

Con data do 14 de abril de 2021, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia presenta escrito en que solicita a anulación do citado concurso 1043/21-22 e que se inclúa no requisito da titulación o título de enxeñeiro/a industrial ou do Máster en Enxeñaría Industrial.

Con data do 23 de abril de 2021 ditouse resolución que aceptaba o recurso interposto contra a Resolución do 18 de marzo de 2021 no sentido de incluír no anexo I.1 do concurso 1043/21-22, na epígrafe da titulación, o título de enxeñeiro/a industrial e o Máster en Enxeñaría Industrial.

Como consecuencia desta inclusión, ábrese novamente o prazo de presentación de solicitudes para o concurso 1043/21-22 en dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2021

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución 30.4.2020; DOG do 11 de maio)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado