Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22230

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2021 pola que se declara deserta a convocatoria de probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de investigación, área de electrónica-mecánica, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución do 22 de febreiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia nº 43, do 4 de marzo), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a de investigación, área de electrónica-mecánica, grupo III, pola quenda de promoción interna, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Unha vez realizados os trámites regulamentarios e comprobado que no hai aspirantes, o reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades,

RESOLVE:

Declarar deserta, pola falta de concorrencia de aspirantes, a convocatoria para cubrir con persoal laboral fixo unha praza vacante na categoría profesional de técnico/a de investigación, área de electrónica-mecánica, do grupo III, pola quenda de promoción interna.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela