Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Toén (expediente IN407A 2021/10-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense o día 29.12.2020 polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado nº 1534 do ICOIIG, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante a correspondente declaración responsable.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Dirección: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: ampliación de potencia de CTI, en Prado (Toén).

Situación: Prado, concello de Toén (Ourense).

Orzamento: 10.199,98 euros.

Características técnicas:

Ampliación de potencia CT Rosario con matrícula 32AM47 de tipo intemperie, retirando o transformador existente que se substitúe por un novo transformador de 160 kVA, R/T 20.000/400-230 V, que se sitúa no mesmo apoio de formigón de tipo HV-13/1000. O centro de transformación proxectado está conectado á rede de distribución de UFD a través da LMT CAS806 (expediente IN407A 2016/173-3), procedente da subestación de Castrelo do Miño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 8 de abril de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense