Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 7 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2021/29-1).

Expediente: IN407A 2021/29-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: LMT, CT Teixoeira e enlace coa RBT.

Concello: A Laracha.

Características técnicas:

1. Desmontaxe dun treito da liña de media tensión aérea a CT Teixoeira (expediente 25/1998), en condutores nus de tipo LA-30, cunha lonxitude de 44 metros.

No apoio existente nº 10 de tipo HV-13/1000, que xa está a facer as funcións de final de liña, realizarase o paso de aéreo a subterráneo da LMT subterránea proxectada, e instalaranse nel pararraios autoválvulas de 18 kV/10 kA.

2. No seu lugar proxéctase nova liña de media tensión subterránea en condutor de tipo RHZ1-12/20 kV, 3 (1×150 Al), que terá o seu inicio no paso de aéreo a subterráneo que se realizará no apoio nº 10 existente de tipo HV-13/1000 da LMT a CT Teixoeira (expediente 25/1998), e finalizará no centro de transformación proxectado, sendo a lonxitude total da liña de media tensión subterránea proxectada de 89 metros.

3. Proxéctase a desmontaxe do centro de transformación existente chamado Teixoeira, en caseta de obra civil con transformador de 100 kVA.

4. No seu lugar proxéctase un novo centro de transformación prefabricado de manobra interior de tipo PFU-3, que irá situado nunha parcela con acceso desde a vía pública de circulación, en que se instalará un transformador de 100 kVA. Instalaranse dúas celas de liña (unha delas de reserva) e unha cela de protección para o transformador proxectado, todas elas con illamento en SF6.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de octubre).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 18 49 38), así como no concello. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 7 de abril de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2021/29-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: LMT, CT Teixoeira e enlace coa RBT.

Concello: A Laracha.

Predio número: 1.

Lugar: LG Costa 13.

Cultivo:

Propietaria: María Pilar Muíño Marta.

Afeccións:

– Apoio.

Apoio núm. 10.

m2: 10 (PAT).

– LMT subterránea.

Lonxitude 2 m.

Superficie 6 m2.

Predio número: 2.

Lugar: LG Fraga, polígono 153, parcela 125, Costa.

Cultivo: C-labor ou labradío secaño.

Propietaria: Dolores Vilas López.

Afeccións:

– Centro de transformación.

Superficie edificación 8 m2.

Beirarrúa 21 m2.

Acceso 32 m2.