Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Viernes, 30 de abril de 2021 Pág. 21983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Gallego de la Vivienda y Suelo

RESOLUCIÓN de 16 de abril de 2021, de la Comisión Provincial de Vivienda de Pontevedra, de inicio del proceso de selección de veinticuatro adjudicatarios/as de viviendas de promoción pública para el expediente PO2015/010 en Chantada, en el ayuntamiento de Vigo.

De acordo co que se establece no artigo 22 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas, a Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra, en sesión do 16 de abril de 2021,

ACORDA:

Iniciar o proceso de selección de adxudicatarios/as para vinte e catro (24) vivendas de promoción pública, que se desenvolverá de conformidade cos seguintes criterios:

Primeiro. Características das vivendas

– Número de vivendas: vinte e catro (24).

– Localización das vivendas: rúa Canicouva, lugar de Chantada, no concello de Vigo.

– Superficies útiles aproximadas e tipoloxía de vivendas:

Nº de vivendas

Nº dormitorios

Sup. media útil aproximada

20

3

85,70 m²

1

4

99,65 m²

1 vivenda adaptada para mobilidade reducida

3

89,35 m²

2 vivendas adaptadas para mobilidade reducida

2

69,00 e 76,80 m²

Cada vivenda leva vinculada unha praza de garaxe e un rocho.

– Composición familiar para cada vivenda:

Tipoloxía das vivendas

Nº de membros

3 e 4 dormitorios

3 ou máis membros

Reserva: v. adaptada mobilidade reducida

Sen límite de membros

Segundo. Cualificación das vivendas

As vivendas foron cualificadas provisionalmente mediante a Resolución do xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Pontevedra, con data do 18 de marzo de 2019, como vivendas de promoción pública.

Terceiro. Réxime de adxudicación das vivendas

As vivendas adxudicaranse en propiedade ou arrendamento. Será obrigatoria a adxudicación en réxime de arrendamento cando os ingresos ponderados dos solicitantes, computados os da totalidade dos membros da unidade familiar ou convivencial en que estea integrado, non superen 1,5 veces o IPREM.

Cuarto. Condicións xerais dos/as beneficiarios/as

Poderán acceder a estas vivendas de promoción pública as persoas, nacionais ou estranxeiras, maiores de idade e con plena capacidade de obrar que, como titulares dunha unidade familiar ou convivencial, reúnan os seguintes requisitos:

1. Ter expedida a credencial de inscrición ou a solicitude de inscrición presentada no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia para o concello de Vigo na data desta resolución de inicio, e que estean anotados para as vivendas de protección oficial de promoción pública (sección I).

2. Ter ingresos ponderados por unidade familiar entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM.

3. Residir ou traballar no concello onde se localizan as vivendas, excepto no caso de emigrantes que desexen retornar e que acrediten residir fóra de Galicia por un tempo non inferior a cinco anos.

4. Carecer de vivenda en calidade de propietario/a, agás que se dea algunha das seguintes circunstancias:

a) Excepcionalmente, poderán acceder a unha vivenda protexida as persoas que sexan propietarias doutra vivenda cando estea suxeita a expediente de expropiación forzosa, as persoas separadas ou divorciadas que estean ao día no pagamento das pensións alimenticias e compensatorias e que fosen privadas do uso da vivenda por sentenza ou convenio regulador, e as que ocupen aloxamentos provisionais como consecuencia de actuacións de emerxencia ou remodelacións urbanas que impliquen a perda da súa vivenda ou calquera outra situación excepcional declarada polo organismo competente en materia de vivenda (artigo 64.1 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia).

b) Acreditar que a vivenda de que se dispón sexa inhabitable, insuficiente ou inadecuada nos termos especificados na Resolución do 14 de setembro de 2012 do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Neste suposto quedarán obrigados a ofertar ao IGVS a dita vivenda para efectos do disposto no artigo 10.V do Decreto 253/2007.

c) A tenza doutra vivenda respecto da cal non se posúa a súa plena propiedade e dispoñibilidade en calidade de dono, sempre que o valor catastral do inmoble non supere os 30.000 € (Resolución do 23 de febreiro de 2015 do Instituto Galego da Vivenda e Solo).

Quinto. Condicións xerais de carácter económico

1. Réxime de compravenda:

a) Os estudos económicos das vivendas de promoción pública serán elaborados con base no 100 % do módulo aplicable a cada metro cadrado de superficie útil das vivendas, segundo a área xeográfica en que estean situadas, vixente no momento da cualificación definitiva da promoción.

Neste procedemento de adxudicación os estudos económicos iniciais destas vivendas conservarán a súa validez ata que cumpran cinco anos, que se contarán desde a data de cualificación definitiva.

Do sexto ao décimo quinto ano, ambos incluídos, os estudos económicos serán elaborados aplicando o 80 %, e do décimo sexto ao trixésimo ano, o 70 % do valor do módulo aplicable segundo a zona territorial determinada na cualificación definitiva, vixente no momento da transmisión (artigo 21 do Decreto 253/2007).

b) Os prezos de venda fixaranse en atención ao valor da vivenda e aos ingresos ponderados dos adxudicatarios, e serán os seguintes:

I. Para os/as adxudicatarios/as con ingresos familiares ponderados comprendidos entre 2 veces o indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM) e 2,5 veces o IPREM: o 70 % do valor da vivenda segundo o estudo económico. De existiren rochos e garaxes vinculados, o prezo destes será, respectivamente, o 2 % e o 8 % do valor da vivenda correspondente.

II. Para os/as adxudicatarios/as con ingresos familiares ponderados comprendidos entre 1,5 veces o indicador público de rendas de efectos múltiples e 2 veces o IPREM: o 60 % do valor da vivenda segundo o estudo económico. De existiren rochos e garaxes vinculados, o prezo destes será, respectivamente, o 2 % e o 8 % do valor da vivenda correspondente.

III. Para os/as adxudicatarios/as con ingresos familiares ponderados ata 1,5 veces o IPREM: o 50 % do valor da vivenda segundo o estudo económico. De existiren rochos e garaxes vinculados, o prezo destes será, respectivamente, o 2 % e o 8 % do valor da vivenda correspondente.

c) As vivendas venderanse aprazando a totalidade do prezo, que producirá un xuro máximo anual do 5 % e se devolverá en 30 anos en cotas mensuais, integradas por capital e xuros.

Cando, no momento da adxudicación definitiva do grupo efectuada pola Comisión Provincial de Vivenda, o tipo de xuro anteriormente establecido for superior ao fixado polo Consello de Ministros para os convenios que subscriba o Ministerio de Fomento coas entidades prestamistas para o financiamento de actuacións protexidas en materia de vivenda e solo, entenderase que este último será o tipo de xuro aplicable.

d) A firmeza da adxudicación estará condicionada á sinatura do correspondente contrato de compravenda, logo de pagamento por parte do adxudicatario dos gastos e impostos que procedan.

2. Réxime de arrendamento.

a) Os contratos de arrendamento terán unha vixencia de sete anos prorrogables por períodos anuais e estará prohibida, en todo caso, a cesión ou subarrendamento, total ou parcial. A contravención desta prohibición dará lugar á resolución do contrato de arrendamento, con independencia das sancións que procedan.

b) A renda inicial anual será a que resulte de lle aplicar o 3 % ao que sería o prezo de venda da vivenda e anexos, de ser o caso, determinado de acordo co establecido no Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

c) A firmeza da adxudicación estará condicionada á sinatura do correspondente contrato de arrendamento, logo de pagamento por parte do adxudicatario da fianza correspondente.

Sexto. Procedemento de adxudicación

De acordo co Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, antes mencionado, o procedemento de adxudicación será o de sorteo entre as persoas inscritas ou con solicitude de inscrición presentada no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia ata a data desta resolución de inicio para o concello de Vigo.

Do sorteo resultará unha lista de adxudicatarios provisionais, cuxa orde de confección virá determinada pola orde de selección que derive do sorteo.

O feito de resultar adxudicatario provisional no sorteo non determinará a condición de adxudicatario definitivo mentres non se acredite que se reúnen os requisitos sinalados no criterio cuarto desta resolución.

Sétimo. Reservas

1. De conformidade co establecido no artigo 74 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, artigo 34 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo IGVS, e no artigo 22.2.e) do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, faise a seguinte reserva:

Reserva de tres (3) vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida de carácter permanente.

Clasificaranse os integrantes desta reserva coa seguinte orde de preferencia:

1º. Os que precisen cadeira de rodas para os seus desprazamentos ou dependan absolutamente de dous bastóns para deambular.

2º. Os que acrediten unha enfermidade ou discapacidade permanente que, polo seu desenvolvemento, poida chegar a impedir desprazarse sen axuda ou que afecte notoriamente a súa mobilidade.

Consonte o disposto no artigo 23.3 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, anteriormente citado, realizarase un sorteo diferenciado para aquelas persoas que declaren que reúnen os requisitos establecidos na normativa reguladora deste colectivo específico.

2. As vivendas asignadas á reserva previstas no número 1 que queden sen adxudicar por inexistencia de solicitudes non pasarán a formar parte do número de vivendas adxudicables na cota xeral.

Oitavo. Número de solicitantes que integrará a lista de espera

• 15 persoas demandantes inscritas ou con solicitude de inscrición presentada para a reserva de vivendas adaptadas a persoas con mobilidade reducida.

• 50 para o resto das vivendas.

A orde de confección das referidas listas virá determinada pola orde de selección que derive do sorteo.

Noveno. Publicidade

A resolución de inicio do procedemento de adxudicación publicarase no Diario Oficial de Galicia e as sucesivas publicacións, incluída a dita resolución de inicio do procedemento, a lista de persoas adxudicatarias provisionais resultante do sorteo e a resolución da lista definitiva de persoas adxudicatarias en espera, de acordo cos artigos 22.1 e 24.3 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, publicaranse nos taboleiros de anuncios do Concello de Vigo, no da Área Provincial do IGVS e na páxina web do organismo.

Esta publicidade substituirá as notificacións persoais, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tras a publicación da lista provisional, os/as solicitantes que se consideren prexudicados no seu dereito disporán dun prazo de dez días desde a publicación para presentaren reclamacións, ante a Comisión Provincial de Vivenda, que deberá adoptar a resolución que proceda no prazo máximo de tres meses.

Décimo. Asignación de vivendas

A Área Provincial do IGVS procederá, logo do sorteo, á determinación da vivenda que lle corresponde a cada adxudicatario tendo en conta a mellor adecuación das vivendas á composición da unidade familiar e convivencial daqueles, ao abeiro do establecido no artigo 28 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro.

Esta determinación deberá ser notificada a cada adxudicatario. Tal notificación deberá conter, entre outros, os seguintes datos:

– Tipo de vivenda.

– Superficie útil.

– Réxime de adxudicación.

– Prezo de venda ou renda.

Os adxudicatarios definitivos disporán dun prazo de dez días hábiles para aceptaren ou renunciaren á adxudicación e, no caso de aceptaren, deberán efectuar, dentro do prazo indicado, o ingreso da fianza e dos gastos que procedan.

Décimo primeiro. Procedemento na realización do sorteo

Participarán no sorteo (tanto para a reserva de vivendas adaptadas a persoas con mobilidade reducida como para o resto das vivendas), todos os demandantes inscritos ou con solicitude de inscrición presentada que reúnan as características específicas exixidas.

A orde de realización do sorteo será a seguinte:

Primeiro: reserva de vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

Segundo: as vivendas restantes entre unidades familiares ou convivenciais compostas por tres (3) ou máis membros.

Décimo segundo. Data do sorteo

O sorteo será público e terá lugar ante notario, ás 10.00 horas do día 13 de maio de 2021, en Vigo, no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza da Estrela, Concepción Arenal, número 8.

Pontevedra, 16 de abril de 2021

José Manuel González González
Presidente da Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra