Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21490

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2803/2019-RMR).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2803/2019 seguido por instancia de Francesc Xavier Barros Canabal contra Axgencia Efe, S.A. e outro sobre outros dereitos laborais, ditou a Sala do Social do Tribunal Supremo a seguinte resolución:

«A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo procurador Benjamín Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Francesc Xavier Barros Canabal contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data do 25 de outubro de 2019, no recurso de suplicación número 2803/2019, interposto por Francesc Xavier Barros Canabal, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela de data do 6 de xullo de 2018, no procedemento n° 372/2013 seguido por instancia de Francesc Xavier Barros 2 Canabal contra Agencia Efe, S.A. e Mateo Sancho Cardiel, sobre outros dereitos laborais.

Declárase a firmeza da sentenza recorrida, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e o rolo de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación a Mateo Sancho Cardiel, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza