Mediante a Resolución da Alcaldía do 17.11.2020 resolveuse nomear funcionarios de carreira, polo sistema de promoción interna, para prazas de administrativo/a da escala de administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, deste concello, os/as aspirantes aprobados, ao superar o proceso selectivo de promoción interna convocado mediante a Resolución da Concellaría de Persoal do 13.12.2019, vinculado á oferta de emprego de 2017, ordenados de acordo coa puntuación final obtida e con expresión dos destinos que se lles adxudican:
Apelidos e nome |
Posto de traballo |
Unidade |
Departamento |
Alejo Ordóñez Méndez (DNI ***5711**) |
Administrativo (C-1) |
Contabilidade e Fiscalización |
Intervención |
María Jesús Blanco Martínez (DNI ***3913**) |
Administrativo (C-1) |
Contratación |
Secretaría |
Eulogia Paramos Estévez (DNI ***5824**) |
Administrativo (C-1) |
Contabilidade e Fiscalización |
Intervención |
Contra a presente resolución poden interporse os seguintes recursos:
Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.
Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da presente notificación, se non se interpuxer o de reposición. De se interpor este último, o prazo de dous meses empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o prazo para interpor o recurso contencioso- administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.
Calquera outro que considere conveniente baixo a súa responsabilidade.
Tui, 29 de decembro de 2020
Enrique Cabaleiro González
Alcalde