Mediante a Resolución da Alcaldía do 31 de agosto de 2020 resolveuse nomear como encargado de obras funcionario de carreira (escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase: persoal de oficios grupo C, subgrupo C2) deste concello, a seguinte persoa, ao superar o proceso selectivo de promoción interna convocado mediante Resolución da Concellería de Persoal do 13.12.2019:
– Evaristo Rodríguez Castiñeira, con DNI núm. ***4550**.
Contra a presente resolución poden interporse os seguintes recursos:
– Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta notificación.
– Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da presente notificación, se non se interpuxer o de reposición. De se interpor este último, o prazo de dous meses empezará a contar desde o día seguinte ao da notificación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o prazo para interpor o recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.
Calquera outro que considere conveniente baixo a súa responsabilidade.
Tui, 18 de novembro de 2020
Enrique Cabaleiro González
Alcalde