Mediante Resolución da Alcaldía do 17.11.2020 resolveuse nomear coma funcionario de carreira (escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase: policía local, categoría: inspector) deste concello a seguinte persoa, logo da superación do proceso selectivo convocado mediante a Resolución da Alcaldía do 14.5.2019, vinculado á oferta de emprego público do ano 2019:
– Manuel Arca Caeiro, con DNI núm. ****193**.
Contra a presente resolución poden interporse os seguintes recursos:
– Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.
– Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da presente publicación, se non se interpuxer o de reposición. De se interpor este último, o prazo de dous meses empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o prazo para interpor o recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.
Calquera outro que considere conveniente, baixo a súa responsabilidade.
Tui, 13 de febreiro de 2021
Enrique Cabaleiro González
Alcalde