Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (DSP 490/2019).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 490/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Figueira Vicente contra Varaderos Lazareto, S.L., Noneta Assets Holding, S.L., JD-53 Gestión y Administración de Activos, S.L., JD Shipyard, S.L. e Fogasa, sobre resolución de contrato, cantidade e acción acumulada de despedimento, se ditou sentenza con data do 31 de marzo de 2021 e contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Varaderos Lazareto, S.L., Noneta Assets Holding, S.L., JD-53 Gestión y Administración de Activos, S.L. e JD Shipyard, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de marzo de 2021

O letrado da Administración de xustiza