Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21221

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 224/2019).

Eu, Pilar Millán Mon, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, dou fe de que nos autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado baixo o número 224/2019 se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución din literalmente:

«Sentenza

Pontevedra, 15 de abril de 2020.

Vistos por min, Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, os autos de xuízo ordinario 224/2019 seguidos neste xulgado en virtude de demanda interposta pola procuradora Sra. Alonso Fernández, en nome e representación da entidade Banco Santander, S.A., asistida pola letrada Sra. Losada Pérez Rúa fronte a herdeiros de José Manuel Filgueira Rey, en situación procesual de rebeldía, e sobre acción declarativa de resolución contractual e subsidiaria declarativa de vencemento e reclamación de cantidade,

Resolvo:

Que debo estimar e estimo en parte a demanda formulada pola procuradora dos tribunais, Sra. Alonso Fernández, en nome e representación da entidade Banco Santander, S.A., fronte a herdeiros de José Manuel Filgueira Rey, e declaro que a resolución do contrato de préstamo con garantía hipotecaria e as súas novacións, descrito no feito primeiro da demanda por incumprimento grave e esencial da obrigación de pagamento realizada por Banco Santander con data do 30 de outubro de 2018, foi axustada ao disposto no artigo 1124 do Código civil. Condénase a demandada ao pagamento da cantidade resultante de reliquidar a débeda eliminando a cláusula solo desde o inicio do contrato, cantidade que se determinará, de ser o caso, en execución de sentenza, en concepto de principal e xuros remuneratorios ata resolución do contrato e peche da conta. Condénase a demandada ao pagamento dos xuros que se devindiquen desde a data de recepción da comunicación da resolución ata o seu completo pagamento, calculados ao tipo dos xuros legais. Declárase que as cantidades obxecto de condena se poden realizar en execución con cargo á garantía hipotecaria outorgada a favor da demandante sobre o predio rexistral nº 58.383. Condénase a demandada a aterse ás anteriores declaracións e a aboar as citadas cantidades; todo iso sen facer expresa imposición de custas a ningunha das partes.

Así o manda e asina por esta sentenza, que non é firme e contra a cal se poderá interpoñer recurso de apelación ante este mesmo xulgado no prazo de vinte días, logo de constitución de depósito na forma e contía determinadas pola Lei 1/2009, do 3 de novembro, Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza de Primeira Instancia deste xulgado. Dou fe».

Para que se publique no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

Pontevedra, 17 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza