Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello da Mezquita (expediente IN407A 2021/4-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado nº 1534 do ICOIIG, o día 14.12.2020, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Enderezo: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMTA, LMTS, CS polígono 47, parcela 96, servizos AVE A Mezquita.

Situación: concello da Mezquita (Ourense).

Orzamento: 40.647,06 €.

Características técnicas:

Modificación da LMTA SSB701, a 15 kV, expediente 3364-AT, coa instalación do novo apoio núm. 90-28/1, do tipo C 16/2000-H35-CA/CS, e o retensando do condutor existente LA-110 mm2 Al nos vans afectados (874 m), con orixe no apoio 90-22p existente e final no apoio nº 90-29.

LMTS a 15 kV, con entrada e saída no CS proxectado para dar servizo ás instalacións do AVE na Mezquita, de 110 m de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no PAS instalado en novo apoio proxectado nº 90-28/1 na LMTA SSB701 (expediente 3364-AT) e final no 2º PAS instalado no novo apoio proxectado nº 90-28/1.

CS AVE A Mezquita; de tipo prefabricado 3L + 2 telecontroladas GSM/GPRS/FO/ C/Trafo, tensión 15 kV manobra exterior, con cela de SSAA; situación no Pereiro (A Mezquita).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 5 de abril de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense