Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa e da batea Jal IV, resulta:
a) Antecedente:
O 17 de febreiro de 2021, María Josefa Oliveira Places solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Jal IV.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).
Por todo o anterior, resolvo:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Luis Miguel Fachado Neira (***6526**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Jal IV.
Localización:
Cuadrícula nº: 25.
Polígono: C.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 11.3.1964.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: María Josefa Oliveira Places (***8595**) e Luis Piñeiro Oliveira ( ***8147**).
Novos titulares: María Josefa Oliveira Places (***8595**), Luis Piñeiro Oliveira (***8147**) e Luis Miguel Fachado Neira (***6526**).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. Os actuais titulares deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
– Documento notarial da transmisión ou doazón.
– Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 7 de abril de 2021
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña