Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 12 de abril de 2021 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no acordo de inicio de procedemento de reintegro do expediente 802/15/2016/930041/01 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do procedemento de reintegro do importe das axudas das que foi beneficiaria, por resultar infrutuosos os diferentes intentos realizados por correo certificado, ademais da súa posta a disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro do acordo de inicio que se sinala no anexo a este anuncio, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) sita na rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expedientes

NIF

Acto notificado

802/15/2016/930041/01

801/15/2016/930041/01

76335278A

Acordo de inicio do procedemento de reintegro