De conformidade co disposto en los artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tras ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non finaliza a vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Transcorrido este prazo sen presentar o referido recurso, esta resolución adquirirá firmeza en vía administrativa, sendo inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90.3 da mesma norma xurídica.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2021
José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal
ANEXO
Expediente: MON-LU-0061/2020-DIS.
Persoa interesada: 34181493C.
Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.